RADIOGRAFIA DO DESEÑO GALEGO
A Convocatoria ACCIÓN DAG 11 é unha iniciativa da Asociación Galega de Deseñadores destinada a amosar e poñer en valor os últimos proxectos de deseño feitos en Galicia ou por deseñadores/as galegos/as, por unha parte utilizando a plataforma web como medio de difusión inmediato, e por outra coa vista posta en futuras publicacións que reflictan o mellor do deseño galego.
A través desta convocatoria aberta pretendemos abrir un novo espazo para amosar os nosos traballos, e convertelo nun referente para as empresas, institucións, estudantes e xente interesada no deseño e na cultura en xeral.
Enmárcase Acción DAG no proxectoCreativa, programa cultural interdisciplinar levado a cabo conxuntamente pola Axencia Galega das Industrias Culturais e a Direccão Regional de Cultura do Norte co financiamento dos fondos FEDER da UE, e pertencente ao Programa Europeo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal